O PSOE de Boiro pide a recuperación da Charca de Abanqueiro

    BOIRO> Os socialistas de Boiro seguen a denunciar o abandono do rural. En concreto, quéixanse da falla de investimentos na parroquia de Abanqueiro e critican o mal estado en que se atopan zonas emblemáticas de gran valor medioambiental. Segundo os socialistas, a parroquia de Abanqueiro é unha das máis esquecidas en materia de investimentos. Denuncia que moitos núcleos carecen aínda de saneamento e as infraestruturas viarias non reúnen os mínimos de seguridade xa que moitas nin sequera están pintadas ou non teñen beirarrúas. Como exemplo, o voceiro do PSOE boirense refírese ó emblemático punto da Charca de Abanqueiro para a que reclama unha actuación de acondicionamento. Piden que se proceda á limpeza da maleza e á posta en valor da área de autocaravanas para explotar as súas potencialidades turísiticas.