Ribeira celebrará este domingo a súa primeira bandeira de traíñas

    RIBEIRA> Ribeira acollerá este domingo a primeira edición da súa bandeira de traíñas. O escenario elixido para a regata será a praia de Coroso onde, a partir das once da mañá, desenvolveranse as distintas competicións. A primeira bandeira de traíñas concello de Ribeira sitúa á capital barbanzá na rede de regatas da Liga Galega. A partir das once da mañá deste domingo, os remeiros daranse cita na praia de Coroso. Precisamente a organización apostou por este campo de regatas para achegar ó público a esta cita deportiva posto que se trata dunha zona moi concorrida. A proba conta ademais coa organización da empresa Ecosport, especializada en preparación física e xestión deportiva. Ademais da competición, desenvolveranse actividades paralelas para darlle un carácter lúdico festivo ó evento. A intención dos organizadores é seguir promovendo este deporte coa promoción club de remo que vai collendo cada vez máis pulo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí