Catro detidos en Sanxenxo na operación na que tamén foi arrestado o empresario lucense Raúl López

    SANXENXO> Catro persoas foron detidas este xoves en Sanxenxo, no marco dunha operación ordenada pola xuíz de Lugo Pilar de Lara. Unha quinta persoa foi arrestada en Lugo. Trátase de Raúl López, presidente da empresa de transportes Monbús e do Clube de Baloncesto Obradoiro. Dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirman que se investigan ata seis posibles delitos, entre eles, un contra a facenda pública.

     

    Foi un día complicado para os traballadores Interrías, en Sanxenxo. A sede da empresa de transportes foi rexistrada por orde da titular do xulgado de instrucción número 1 de Lugo, Pilar de Lara. No punto de mira, o empresario lucense Raúl López, presidente da firma Monbús e do Clube Baloncesto Obradoiro, e que xa pasou a disposición xudicial.

    As outras catro detencións practicáronse de madrugada, en dous hoteis de Sanxenxo, onde se interviu ata un millón de euros. Un dos detidos, o director xeral de Interrías. Outros rexistros tamén tiveron lugar en varias cidades de Galicia e na sede do equipo de baloncesto. A posible conexión con Interrías, viría porque esta empresa é a que xestiona as viaxes do clube, que milita na máxima categoría do baloncesto español.

     

    Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirman que se están investigando ata seis posibles delitos: contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, suborno e tráfico de influencias.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/interrias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/interrias.mp4{/flowplayer}