As obras na escalinata de San Tomé estarán rematadas nun mes

    CAMBADOS> Xa queda menos para ver rematadas as obras da escalinata de San Tomé en Cambados. A actuación, que tamén inclúe o acondicionamento da sé do club de piragüismo da vila, estará rematada nas vindeiras semanas. As obras corren a cargo de Portos de Galicia, que destinou preto de 130 mil euros.

    En aproximadamente un mes rematarán as obras de acondicionamento da zona da escalinata de San Tomé. Con esta actuación, Portos de Galicia e concello buscan un mellor encaixe da praza da parte superior co seu entorno.

    A actuación tamén inclúe a intervención na planta baixa. O local pertence a Portos, pero o ente cedeu o seu uso ao concello. Na actualidade, está ocupado polos clubs de vela e piragüismo do municipio, aínda que os primeiros solicitaron o seu traslado a unha nave no porto de Tragove. Xestión que o concello xa trasladou a Portos.

    A intervención contou cun orzamento de ao redor de 130 mil euros.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/23/jj_san_tome.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/23/jj_san_tome.mp4{/flowplayer}