Cinco celadores incorpóranse ó cadro de persoal do Hospital do Barbanza

    RIBEIRA> Case dezasete anos despois da súa posta en marcha, que tiña lugar en outubro de 1998, o hospital do Barbanza conta por fin con celadores. Tanto os sindicatos como o persoal levaban anos reclamando a incorporación desta categoría profesional xa que se trataba do único centro hospitalario de toda Galicia que carecía destes traballadores sendo os auxiliares de enfermería os que realizaban as súas funcións. O un de setembro incorporáronse cinco celadores que desenvolveran os seus labores na área de urxencias e nas plantas de hospitalización.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí