O BNG aposta pola formación para garantir o relevo xeracional nos estaleiros

OUTES> O BNG levará ó Parlamento Galego a necesidade de incrementar a oferta formativa no eido da carpintería de ribeira para garantir a remuda xeracional do sector. Así o anunciou a súa voceira nacional. Ana Pontón, nunha visita realizada esta mañá ós estaleiros Lago Abeijón en Outes.

A importancia da carpintería de ribeira como industria auxiliar do sector da pesca fai necesario garantir a remuda xeracional a través dunha aposta pola formación neste eido.

Por esta razón o BNG levará ó Parlamento varias iniciativas demandando o incremento da oferta formativa en carpintería metálica e en madeira, tal e como anunciou a voceira nacionalista, Ana Pontón, na visita realizada esta mañá ó estaleiro Lago Abeijón no porto do Freixo.

Ademais da coñecer as instalacións, a voceira nacional do BNG Mantivo un encontro con representantes dos distintos estaleiros da comarca, onde esta industria ten un gran peso económico.