RIBEIRA> O concello de Ribeira dá marcha atrás e comprométese coas Anpa’s a manter o servizo de madrugadores dende o vindeiro luns 14 de setembro. Segundo explicou a propia alcaldesa, María Sampedro, todo se debera a un malentendido, afirmando que dende o Concello sempre apostaron pola conciliación.
O próximo luns día 14 arrancará o servizo de madrugadores en oito centros de Ribeira. Un servizo gratuíto que pretende facilitar a conciliación das familias con fillos en idade escolar.
Trala polémica xurdida esta semana, ó arrancar o curso sen este servizo, a alcaldesa mantivo nha xuntanza con representantes de tódalas Anpa’s do municipio, na que tamén participou a concelleira de Educación, Nucha Brión, para recoller as súas principais necesidades e garantir os servizos que demandaba a comunidade educativa, a través do plan municipal de conciliación.











