O Nazareno volve reunir na Pobra a miles de devotos

POBRA> Seis cadaleitos encabezaban a procesión das mortallas que percorreu as rúas da Pobra na honra do Divino Nazareno. Trátase dunha das procesións máis multitudinarias de Galicia non só pola gran devoción que esperta senón pola singularidade de que os ofrecidos porten os ataúdes para pedir o favor do santo. Aínda que o día grande foi o domingo, durante toda a fin de semana a Pobra converteuse nun fervedoiro de xente. As festas arrancaron o venres co pregón a cargo dos membros do Puebla Fútbol Club. As actividades para nenos centraron boa parte da programación festiva que contou ademais coa presenza das mellores orquestras de Galicia. Arestora, El Combo Dominicano está a poñer o broche de ouros ás festas que finalizan esta noite co gran espectáculo de fogos de artificio.