Gadis premia a unha veciña de Boiro con quince mil euros

    BOIRO> O responsable de área de Gadisa entregou un premio de quince mil euros a unha veciña de Boiro. Manuela Otero resultou agraciada cun dos dous premios que repartiu a cadena de supermercados para premiar a fidelidade dos seus clientes. Manuela Otero Triñanes, unha veciña de Boiro, foi a afortunada gañadora dun dos dous premios entregados por GADISA na súa nova campaña de fidelización de clientes. O día dez de marzo celebrouse o sorteo no que tamén resultou agraciado outro cliente da zona de Valladolid. O delegado de área de Santiago, Román Roo, fixo entrega esta mañá do cheque á veciña barbanzá. Tras preto de tres décadas mercando en Supermercados Gadis, Manuela Otero ve agora recompensada a confianza depositada na cadea con este soldo de mil euros durante quince meses; un premio que non agardaba. Esta é unha máis das campañas desenvolvidas pola firma empresarial que xa teñen deixado importantes premios na comarca como o de setenta e cinco mil euros que hai anos recibía un veciños de Muros para facer fronte á hipoteca.