POBRA> A Peña Deportivista Pobrense do bar A de Rosa tributoulle esta pasada fin de semana unha homenaxe ó exadestrador do Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez, polo ascenso do equipo a pasada campaña a Primeira División, así como tamén pola súa traxectoria como preparador. No acto tomaron parte ó redor dunhas 150 persoas, a maior parte delas integrantes da propia peña. Durante a cea fixéronlle entrega ó adestrador de Castrofeito dunha gamela de prata típica da ría de Arousa, e dunha insignia da Peña Deportivista Pobrense.
Inicio A Pobra