A Pobra aumenta a súa oferta formativa cun curso de Tai-Chi

A POBRA> O concello da Pobra amplía a súa oferta formativa cun curso de exercicio terapéutico de Tai-Chi. Desenvolverase nos centros sociais da Ribeiriña e Vilariño, en grupos de dez prazas cada un.

Tras constatar a gran demanda da veciñanza de actividades terapéuticas, a concellería de Participación Veciñal da Pobra decidiu poñer en marcha un curso de Tai-Chi. Estará impartido polo fisioterapeuta Serguo García e dividirase en dous grupos de dez prazas cada un. As sesións dos mércores terán luhar ás 7 da tarde na centro social de Vilariño mentres que os xoves impartiranse ás dez da mañá no centro sociocultural da Ribeiriña.

A actividade está dirixida a tódalas idades posto que busca contribuír ó benestar emocional e ísico a través de movementos suaves e moderados, baseados en ténicas de repsiración absominal, relaxación e concentración.

O curso é de balde e dará comezo a finais deste mes. Os interesados poden reservar praza no enderezo participacionvecinhal@gmail.com. Adxudicaranse por orde de inscrición.