O xuíz mantén a causa por suborno contra Louzán, que se nega a declarar

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/louzanxulgados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/LOUZAN.mp4{/flowplayer} Tras case tres horas, Rafael Louzán saída dos xulgados de Cambados. Facíao despois da primeira comparecencia, que correspondeu aos letrados das diferentes partes. Louzán, a súa dona e o deputado Severino Reguera manteñen a súa condición de imputados, á espera de presentar máis documentación. En concreto, o Ministerio Fiscal solicitará documentación á Deputación de Pontevedra para clarexar se algunha das decisións tomadas por Rafael Louzán como presidente do organismo puideron beneficiar a Reguera. A investigación da causa se iniciou hai dous anos raíz dunha denuncia anónima na que se alertabas obre os supostos sobreprezos no aluguer duns locais comerciais propiedade de Louzán e a súa muller situado sen Navia, Vigo. Aluguer a unha empresa de Severino Reguera. Os tres están imputados por un presunto delito de cofeito. Unha vez presentada e estudada esta nova documentación polas partes, Louzán, a súa dona e Reguera terán que volver aos xulgados de Cambados para prestar declaración. Será entón cando a xuíza decida se mantén aberta a investigación ou arquiva o caso. Aínda non hai data para esta nova comparecencia.