Iniciadas as obras do futuro restaurante do mercado de Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de adxudicar  a terceira planta do mercado municipal onde se instalará un restaurante. Paralelamente, está a piques de concluír o proxecto para a creación dun centro de Hostalería no segundo andar. Trala adxudicación do proxecto, xa se iniciaron as obras para a construción dun restaurante na última planta e na terraza do mercado municipal de Ribeira. Algo máis tarde, pero quizáis xa de cara ó próximo curso, podería estar funcionando o centro de hostalería que albergará o segundo andar do inmoble. O concello ten practicamente concluído o proxecto, elaborado polo arquitecto municipal, que incluirá dezaseis postos para estudantes e outro para o profesor, equipados con cociñas. A actuación, cun orzamento aproximado de cento setenta mil euros, contempla tamén a instalación dunha aula de xestión, unha zona para almacén e neveiras e un despacho. Por outra banda, tamén conclúe o proceso de adxudicación para a cafetería da nova lonxa que tan só está pendente dos permisos administrativos por parte de Portos de Galicia para iniciar as obras.