Noia Histórica volve ofertar visitas guiadas para os turistas

    NOIA> Noia Histórica volverá ofrecer visitas guiadas ós turistas que se acheguen ata a vila durante a Semana Santa. As rutas, de hora e media de duración percorrerán os lugares máis emblemáticos do concello, como a igrexa de Santa María A Nova, San Martiño ou a praza de abastos. Por terceiro ano consecutivo, Noia Histórica volve apostar pola promoción do turismo de calidade ofrecendo visitas guiadas en diversos idiomas. Estas rutas, totalmente de balde, sairán o xoves, o venres e o sábado da semana santa dende o concello para facer un percorrido histórico polos encraves de interese que agocha esta vila medieval. Ademais das igrexas, pazos e demais elementos patrimoniais, o itinerario inclúe unha parada na praza de abastos co obxectivo de promover tamén o comercio local. Dende a patronal local destacan a boa acollida que vén tendo a iniciativa que funciona, dende hai tres anos, non só en semana santa senón tamén no verán. Para participar nas visitas non é preciso realizar inscrición previa. Basta con presentarse na alameda ás horas de saída. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/noiahistoricavisitasguiadas2603151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/noiahistoricavisitasguiadas260315.mp4{/flowplayer}

    Comments are closed.