Portos mellora a seguridade viaria no peirao da Pobra

POBRA> A actuación dálle continuidade ós traballos de reforzo do firme levados a cabo nas últimas semanas e que supuxeron un investimento duns 50 mil euros. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acompañado do alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e o patrón maior, Xoán Miguel Iglesias, supervisaron a marcha dos traballos de mellora da seguridade viaria que se están a acometer estes días no vial do peirao da localidade. A actuación intégrase na mellora integral do firme desta estrada que supuxo un invetsimento duns 50 mil euros por parte do organismo dependente da consellería do Mar. Dende o Concello destacaron a importancia desta actuación, amplamente demandada debido ó estado no que se atopaba ó firme, moi deteriorado polas chuvias e o elevado tránsito existente en todo o vial portuario. A obra encádrase nas propias tarefas de conservación e mantemento das instalacións portuarias que Portos de Galicia desenvolve de xeito periódico en todos os peiraos autonómicos.