Os alemáns de Cuxhaven visitan a Deputación de Pontevedra

    cuxhavenponte_100_161007_-_still_001.jpgPONTEVEDRA > Continúa a visita da delegación da vila alemana de Cuxhaven na nosa provincia con Vilanova como principal escenario. Medio século foi…

    testemuña das historias entre estas dúas vilas unidas pola emigración. Hoxe, os alemáns teñen prevista unha intensa xornada que comezou esta mañá na Deputación de Pontevedra. O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, e Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, exerceron esta mañá de mestres de cerimonias na Deputación de Pontevedra. Alí, recibiron a comitiva de Cuxhaven que se achegou ata a capital para visitar algúns dos seus lugares máis emblemáticos.

    Durante a xuntanza na Deputación, Jose Juan Durán explicoulles a función desta institución e trazoulles algunhas das liñas mestras dos proxectos que se están a desenvolver dende ela. Os alemáns continuarán hoxe coa súa ateigada axenda que os levara a escola de canteiros de Poio, ó Castelo de Soutomaior ou a sede de Turismo Rías Baixas. Pola tarde visitaran Vigo e os seus arredores. Esta visita é o punto de partida para futuras relacións entre as comunidades.

    Redacción Salnés