NOIA> Os amantes do boxeo e doutras artes de combate teñen unha cita mañá sábado, a partir das oito da tarde, no Agustín Mourís. Trátase do MFC Showdown 022, Torneo Nelson Castro organizado polo Club de Loita Noia en colaboración co Concello.
Un dos pratos fortes da velada será a pelexa do púxil local, Silviu Vitez, que loitará contra Fabio Loisi para facerse co título Mundial de K1.
A velada incluirá outros nove combates máis, nos que participarán ata seis deportistas noieses como son: Pablo Liñayo, Martín Vidal, Manuel Castro, Bernardo Campos, Martín Iglesias e Paula Blanco.