Entra en servizo a estación depuradora de Corrubedo

    RIBEIRA> Alfonso Rueda desprazouse ata Corrubedo para participar na inauguración da nova estación depuradora de Corrubedo. A infraestrutura, que supuxo un investimento de seis millóns de euros, dará servizo a unha poboación de oito mil habitantes. O alcalde quixo agradecer o apoio da Xunta de Galicia para promover obra pública no concello de Ribeira, a pesar das dificultades económicas. En materia de depuración, Ribeira experimentará un importante avance coa posta en servizo desta nova infraestrutura e ó resto de actuacións enmarcadas no plan de saneamento local. Actuacións, todas elas, encamiñadas a preservar a riqueza medioambiental e a protexer os recursos mariños da ría, cos consecuentes beneficios para o sector pesqueiro e marisqueiro.