RIBEIRA> Nunha xuntanza de traballo celebrada no Concello analizouse a mellora da organización dos postos do mercado ambulante dos sábados.
Unha das primeiras medidas que pretende poñer en marcha o equipo de goberno é un maior control dos espazos de venda, polo que se dará unha licenza impresa a cada un dos vendedores que deberá estar visible para garantir que os postos instalados contan con tódolos permisos e autorizacións pertinentes evitando así, que haxa postos ilegais.
Outro dos asuntos que preocupaba ó goberno local era a xestión dos residuos xerados no propio mercado, un problema que estaba a xerar un gran malestar entre a veciñanza.
Para o bo cumprimento destas obrigas, o Concello intensificará tamén os controis no mercadiño por parte da Policía Local.











