O alcalde sitúa no 2016 a segunda fase da reforma da praza de abastos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/30/convenio_praza_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/30/convenio_praza_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Xa é oficial. Xunta e concello asinaron esta tarde o convenio polo cal o goberno local recibirá os 240 mil euros dos fondos autonómicos para a reforma da praza de abastos, acompañados por todos os concelleiros do executivo. A Consellería de Economía dividirá esta cantidade en dúas entregas nos anos 2015 e 2016, que se destinarán á segunda fase da remodelación do edificio. O alcalde non quixo adiantar os pormenores do proxecto, que se presentará mañá aos praceiros.

240 mil euros a entregar en dous prazos en 2015 e 2016. Esta é a achega que a Consellería de Economía destinará á segunda fase da reforma da praza de abastos de Vilagarcía, para dinamizala como centro económico e convertela nun atractivo turístico.

Para esta segunda fase, o concello estima que precisan de 750 mil euros. A esta achega da Xunta podería sumarse outra do Ministerio de Fomento. O goberno local xa fixo a solicitude, pero aínda non tiveron resposta do departamento de Ana Pastor.

Cos cálculos económicos sobre a mesa, o alcalde non quixo concretar prazos para o arranque das obras.

Este encontro cos praceiros está previsto para mañá. Será entón cando se dean a coñecer os detalles do proxecto, que Fole non quixo adiantar. O que si se sabe é que nesta segunda fase se actuará sobre a ala oeste, a primeira planta do edificio histórico e sobre a polémica praza da verdura.