Os traballadores de Elnosa reclaman o mesmo trato político e legal que os de ENCE

PONTEVEDRA> Os traballadores de Elnosa reclaman dos partidos políticos o mesmo trato que os empregados de ENCE. O comité de empresa compareceu esta mañá para esixir garantías sobre os seus postos de traballo, cando se aproxima a data acordada entre Xunta e empresa na que a clorera tería que finalizar a súa actividade na ría: finais de 2016. O protocolo contemplaba o traslado de Elnosa, algo que os traballadores ven complicado por mor da crise económica.

 

Os traballadores de Elnosa están fartos. Denuncian que ningún partido político está a preocuparse do futuro dos seus postos, por iso piden o mesmo tratamento que ENCE.

A ameaza do peche cínguese sobre os 70 postos de traballo. Segundo un protocolo asinado entre Elnosa e a Xunta, a clorera terá que cesar a súa actividade na ría a finais de 2016, incluíndo o compromiso de non solicitar prórrogas á concesión que remata no 2018. Dende o comité apuntan a que son a única electroquímica que se atopa nesta situación.

Neste acordo, asinábase tamén o compromiso de buscar ubicacións alternativas para Elnosa na comarca de Pontevedra. Algo que o comité ve difícil por mor da crise económica.

Este sábado solicitaron encontros co presidente da Xunta e cos conselleiros de medio ambiente e industria. Se non os reciben, advirten, haberá mobilizacións.

O Partido Popular concentrou as críticas máis duras do comité e dos sindicatos. Sobre todo despois do cambio de postura do alcaldable pontevedrés sobre a continuidade de Ence en Lourizán.

Dende o comité insisten, ademais, en que non existen motivos ambientais para o peche da electroquímica.

 {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/traballadores_elnosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/31/traballadores_elnosa.mp4{/flowplayer}