O concello terá neste ano unha ordenanza para axilizar os trámites urbanísticos

Pontevedra> O concello de Pontevedra está a traballar nunha ordenanza para axilizar os trámites urbanísticos. Unha normativa que busca a participación da veciñanza quen xa pode realizar as súas achegas a través da web do concello. A concelleira de Urbanismo estima que a ordenanza poderá estar lista para a aprobación entre outubro e novembro deste ano. Simplificar, reducir e axilizar os procedementos administrativos ese é o principal obxectivo que busca a nova ordenanza na que están traballando dende o Concello de Pontevedra. Un difícil proceso para os técnicos e que agora se abre á participación da veciñanza. Haberá contactos con colectivos profesinais e asociacións, a primeira será o vindeiro luns co Colexio de Arquitectos, a concelleira de Ubanismo explicou esta mañá e cun exemplo que se entende perfectamente en que vai a consistir esta simplificación dos trámites. A concelleira de urbanismo agarda que a ordenanza estea lista para a aprobación definitiva entre outubro e novembro deste ano.