Pontevedra é, nestes días, a “capital” da cidade dos nenos

Pontevedra> A primeira hora da mañá, a presidenta e o vicepresidente da Deputación, recibían no Pazo Provincial aos participantes no encontro da rede española de Cidades dos nenos. 22 concellos de toda España danse cita neste evento, que ten como fin, aumentar a autonomía dos nenos tanto dende o punto de vista educativo como do espazo urbano. Duas xornadas para este encontro da rede española de Cidades dos nenos, unha cita na que participan 22 concellos de toda España. Nesta xornada os participantes poderán coñecer o modelo de cidade que ten Pontevedra, desexo do propio Tonuchi. No día de mañá a xornada estará centrada en reunións e en proxectos de futuro. Un dos asuntos que se analizará será ter unha organización directa en España desta rede de Cidades dos nenos, a Deputación de Pontevedra postúlase como gran candidata. Nesta xornada, todos os que visitan Pontevedra puideron coñecer en profundidade a Boa Vila a través dunha visita guiada polos lugares máis emblemáticos da capital de provincia.