As boas previsións para Semana Santa devolven as esperanzas á hostalería

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/01/ocupacion_semana_santa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/01/ocupacion_semana_santa.mp4{/flowplayer} 

SALNÉS> Satisfacción e certo alivio entre os hostaleiros das Rías Baixas. A Semana Santa chega con bo tempo, e tira das reservas hoteleiras ata situalas en niveis que non se recordan dende hai anos. Mañá é cando se espera que arranque o momento forte destas festas, pero os efectos das vacacións xa se deixan notar nas rúas, praias e terrazas da comarca.

Estampa de pleno verán en Sanxenxo.

Os 20 graos dos termómetros son suficientes para que os turistas se boten as praias.

Bo tempo para os que veñen descansar. Tamén para os que queren traballar nesta Semana Santa.

Xa nestes primeiros días de vacacións, as cifras animan ao optimismo entre os hostaleiros. Non só de Sanxenxo, senón de toda a comarca.

Na Semana Santa da zona, o turista repite un patrón xa coñecido: reservas de última hora e turismo de proximidade, que escollen as Rías Baixas para gozar da súa ampla oferta.

En definitiva, nas Rías Baixas podemos presumir dun turismo fiel.

O sector empeza a ver a luz despois do túnel, e agarda que a palabra crise comece a soar cada vez máis lonxe.

Polo de momento, haberá que aproveitar esta Semana Santa. Mentres uns traballan durante estes festivos que abren a tempada turística, outros afánanse en recargar as pilas ata o verán.