Enfado do executivo rianxeiro pola negativa da Xunta a construir o centro de día

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/01/alcalderianxocentrodia0104151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/01/alcalderianxocentrodia010415.mp4{/flowplayer} RIANXO> O alcalde non descarta outras alternativas para a construción desta infraestrutura, ó non obter o respaldo das Administracións Públicas. Adolfo Muíños non podía agochar o enfado por esta decisión da Xunta que lle foi comunicada durante a última asemblea do consorcio galego de centros de dia, celebrada hai uns día en Teo. Ó parecer a resposta que se lle deu para xustificar a súa postura foi que non tódolos concellos podían contar con este servizo. Un feito que mesmo enrabietou máis ó rexedor rianxeiro. Aínda así, e a pesar da negativa da Xunta a construir un centro de día na localidade, o concello non desbota esta posibilidade e está a estudar diferentes alternativas que fagan posible esta actuación, sende unha delas a vía privada.