Ribeira disporá a partir de xuño dun plan de transporte subvencionado

RIBEIRA> Esta mañá procedíase á sinatura do acordo entre o Concello e as dúas empresas que permitirá a posta en marcha do servizo: Hermanos Ferrín e Agustín Sarasquete. convérterase así no primeiro Concello de Galicia en implantar este tipo de axudas ó transporte urbano. O principal obxectivo do plan de transporte subvencionado ‘Riveira Move’ é incrementar o uso do transporte urbano. Segundo explicou o propia alcalde, Manuel Ruíz, na súa presentación, a proposta busca axudar a calquera usuario dentro de todo o ámbito municipal. O prezo para tódolos viaxeiros será de un euro. Para poder beneficiarse del tan só fará falla dispoñer dunha tarxeta moedeiro adquirible na propia terminal de autobuses. O programa, que botará a andar no mes de xuño, é posible grazas ó convenio que o Concello asinou coas dúas empresas que operan no municipio: Hermanos Ferrín e Agustín Sarasquete. A duración do acordo será dun ano prorrogable. Ribeira converterase así no primeiro concello de Galicia en implantar este tipo de axudas e o obxectivo é incrementar cando menos un 10% o número de usuarios nos autobuses, ademais de liberar de vehículos privados as vías públicas.