A mellora do parque infantil de Venecia será realizada de inmediato

    POBRA> A actuación terá un custe duns 50 mil euros, que irán con cargo ós presupostos municipais deste ano e a unha subvención procedente da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Tal e como se comprometeran no seus días cos veciños e residentes da zona, o executivo pobrense iniciará de inmediato a remodelación do parque infantil situado na rúa Venecia, a carón das pistas polideportivas alí existentes. A actuación, cun custe de preto dos 50 mil euros, será sufragada con cargos ós propios orzamentos municipais deste ano 2015 e tamén en parte a unha subvención da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A mellora do parque infantil completarase coa renovación integral da zona, coa renovación das redes de auga e saneamento, novas beirarrúas e a instalación de novo mobiliario urbano e alumeado. Unha actuación que no seu global rondaría os 200 mil euros.