O BNG de Boiro levará ao Parlamento os recortes na atención sanitaria

BOIRO> O BNG levará ó Parlamento os recortes na atención sanitaria que se presta en Boiro. Para os nacionalistas non é un problema novo. Xa en anteriores ocasións denunciaron a falla de persoal médico no centro de saúde da localidade durante a tempada de verán, así como tamén o peche da casa do mar de Cabo de Cruz .

O BNG de Boiro levará ó Parlamento as carencias na Atención Primaria que se dá no municipio. Denuncian o peche un verán máis do centro de saúde de Cabo de Cruz, o que provoca que os veciños desta parroquia deban trasladarse ó PAC de Boiro para seren atendidos.

A práctica habitual da Xunta a non substituir as ausencias por vacacións do persoal médico e de enfermería, agrava aínda máis esta situación.

Todo isto se ve agravado pola última decisión da Xerencia da Área de Santiago que reduce de dous a un só facultativo para este dispensario en xornada de tarde.