A Deputación da Coruña financiará a rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns

BOIRO> A Deputación da Coruña e o concello de Boiro asinaron un convenio para a rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns. O entre provincial achegará 88 mil euros do importe total do proxecto que ascende a 110 mil.

A Deputación da Coruña achegará preto de 88 mil euros para o proxecto de rehabilitación da capela de Goiáns. Trátase do 80 por cento do importe total da obra que busca frear o deterioro que sufre un dos elementos máis emblemáticos do pazo.

A actuación, cun orzamento total de 110 mil euros, permitirá consolidar os restos que se conservan rehabilitando a cuberta, os muros e as carpinterías, respectando o seu aspecto orixinal. Inclúe ademais a limpeza interior e tratamento dos muros e a instalación de alumeado.

A achega da Deputación supón un pulo importante para o plan integral de rehabilitación do pazo no que as diferentes administracións levan xa investido un millón de euros.