BOIRO> O alcalde, José Ramón Romero, entende que a aprobación do presuposto é algo primordial para o goberno, que non pode seguir traballando con eles prorrogados.
O revés sufrido a pasada semana no pleno no que o executivo socialista levaba a proposta dos orzamentos para este ano foi un duro golpe. O equipo de goberno só recibiu o respaldo do BNG, o resto de forzas, ou votaron en contra ou abstivéronse.
Por esta razón, sabendo da importancia de poder contar cun orzamento propio, un documento para eles fundamental para o desenvolvemento da súa acción de goberno, o executivo prepara unha moción de confianza para así poder aprobar os presupostos.
É un paso adiante do goberno, se cadra, sen rede, pero que obriga ó resto de forzas a ter que tomar unha decisión.
A moción de confianza servirá tamén de exame da súa xestión nestes máis de dous anos na alcaldía, tempo no que a sombra dunha posible moción de censura estivo sempre presente.