![]()
POIO> O corpo da Policía Local acaba de incorporar hoxe a cinco novos axentes. Esta mañá xuraron o seu cargo …
{flowplayer}images/salnes/policia_local_poio.flv{/flowplayer}
POIO> O corpo da Policía Local de Poio acaba de incorporar hoxe a cinco novos axentes.
Esta mañá xuraron o seu cargo no salón de plenos do Concello nun acto presidido polo alcalde Luciano Sobral, quen lles prometeu xestións para poder conseguir este ano un espazo adecuado para a policía local.
Con estas novas incorporacións, a Policía Local de Poio pasa a contar cunha decena de axentes. Sen embargo, desde o Goberno local consideran que o crecemento do concello precisa dunha plantilla máis ampla e espera poder cubrir este mesmo ano as outras dúas vacantes. Os responsables municipais felicitaron e déronlle a benvida ós novos axentes.
Redacción Salnés








