O PP de Boiro respaldará a modificación da RPT

BOIRO> Así valora o PP o acordo entre o comité de empresa que representa os traballadores municipais e o Concello para a modificación da relación de postos de traballo despois de meses de negociación, e que será levado proximamente a pleno para a súa aprobación. Aínda así anuncia o seu voto favorable…

O que si quere saber o PP é que se ese incremento salarial aprobado en preto de un millón de euros no seu total vai a empezar a cobrarse xa ó longo da presente anualidade, algo que tanto os propios traballadores como os grupos da oposición descoñecen nestes momentos.

Por outra banda os populares criticaron tamén as trabas postas dende a Administración Local para poder ter acceso o expediente.