Os alumnos do Virxe do Mar expoñen as súas ‘Introvisións’ en Rianxo

    RIANXO> O auditorio municipal acollerá, ata o 25 de abril, a exposición fotográfica ‘Introvisións’. Trátase dunha escolma de corenta traballos realizados polos alumnos do ciclo de fotografía do IES Virxe do Mar. Introvisións, a mostra que dende hoxe poderá visitarse no Auditorio de Rianxo supón un percorrido polas inquedanzas vitais de toda unha xeración. As preocupacións da mocidade en torno a temas tan actuais como a emigración, o traballo ou mesmo a tecnoloxía están presentes nesta escolma de traballos realizados polos alumnos do ciclo de fotografía do IES Virxe do Ma rde Noia. O alcalde de Rianxo destacou a gran calidade das obras que integran a mostra na que participa alumnado de toda a comarca, incluída unha moza de Taragoña. A mostra permanecerá aberta ó público ata o 25 de abril. Tralo seu paso por Rianxo recalará noutros concellos galegos co fin de facer visibles as técnicas aprendidas polos estudantes ó longo do curso.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí