O Rali de Noia xa quenta motores

NOIA> A organización, a cargo da Escudería Berberecho, xa confirmou a participación duns 150 pilotos, entre eles, os máis destacados a nivel autonómico. Onte presentábase oficialmente no concello a trixésimo primeira edición do Rali de Noia, todo un clásico para os afeccionados ó motor. A proba terá lugar a próxima fin de semana, os días 17, 18 e 19 de abril, baixo a organización da Escudería Berberecho. Será a segunda proba puntuable para o Campionato Galego da especialidade, despois da disputada o pasado mes de marzo en Lalín co Rali do Cocido. Un total de 150 pilotos, con especial presenza de corredores da comarca, sumando tódalas categorías, loitarán entre si para facerse coa vitoria na carreira. O trazado, cun percorrido total duns 342 quilómetros divididos en oito treitos que volverán a levar o nome de varias empresas colaboradoras, presentará nesta edición importantes novidades. Recuperarase novamente o tramo de Muros e tamén Montemuíño. Un treito este último que de seguro marcará as diferenzas. Ademais do patrocinio de numerosas firmas comerciais, a Escudería Berberecho conta coa colaboración principal do concello de Noia, e tamén doutros municipios veciños, como é o caso de Muros, Lousame e Porto do Son. Para a comarca trátase dun evento de máximo nivel que de seguro dinamizará a economía local. aínda que tamén existen detratores desta proba, dende a organización agardan a que sexan comprensivos, pedíndolle desculpas de antemán polas molestias que se lles poidan ocasionar. A seguridade será tamén un dos aspectos a ter en conta. Dende a organización fan unha chamada de atención, pedindo que se respecten as ordes dos comisarios e así evitar posibles incidentes. A entrega de premios ós gañadores de cada categoría terá lugar ó redor das doce e media da noite trasladándose estea no dende az ona de Labarta ó Coliseo Noela.