A Pontevedrada máis multitudinaria sairá o 25 de abril da Ferrería

PONTEVEDRA> A Pontevedrada 2015 baterá un novo récord de participación. Xa van case seiscentos inscritos nesta quinta edición. Lonxe quedan as dúas persoas que no 2011 iniciaban esta andaina solidaria para concienciar da importancia de facerse doantes. Porque esta é a finalidade que se persegue: captar doantes de sangue, órganos e tecidos mentres se percorren os 63 quilómetros do camiño portugués entre Pontevedra e Santiago. O sábado 25 de abril ás oito do serán na praza da Ferrería. Este será o punto de partida para a quinta Pontevedrada, unha andaina solidaria, nocturna, coa que se pretende concienciar da importancia de doar sangue, órganos ou tecidos. Esta mañá o número de inscritos ía polos 575. Un novo récord para unha iniciativa que nacía no 2011 con só dous participantes. A Pontevedrada percorrerá os 63 quilómetros do Camiño portugués a Santiago. A chegada á praza do Obradoiro está prevista ás doce do mediodía do domingo. Faranse descansos por etapas: en Barro, Caldas, Valga e Padrón. Os organizadores lembran que non é preciso completar todo o camiño. O que conta é participar e lograr que se sumen un gran número de doantes. Sobre todo de medula ósea. Os participantes contarán en todo o momento con asistencia técnica e sanitaria ó longo do percorrido. E como novidade este ano, porase á súa disposición unha aplicación para smartphones que lles permitirá estar localizados en todo momento. As inscricións aínda están abertas. Para anotarse basta con enviar un correo electrónico a pontevedrada@gmail.com. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/10/pontevedrada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/10/PONTEVEDRADA.mp4{/flowplayer}