Preséntase a XI Subida á Cidade de Pontevedra

subida_pontevedra_250.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá presentouse en Pontevedra a décimo primeira edición da Subida Cidade de Pontevedra,…

… proba valedoira para o Campionato Galego de Montaña. Esta carreira vai a ter lugar esta fin de semana, os días 9 e 10, nun percorrido que transcorre entre o Campo de Fútbol da Cidade e o polígono do Campiño.

O primeiro día, o sábado pola tarde, no pazo da cultura pontevedrés terá lugar o parque pechado onde se procederán ás correspondentes verificacións e onde o público poderá visitar a exposición de vehículos e pilotos participantes.

O domingo pola mañá comeza a carreira propiamente dita. Antes da competición, a organización quixo recordar ás medidas básicas de seguridade para que este circuito, un dos mellores en seguridade e trazo de toda a comunidade non presente ningún sinistro.

Este ano a lista de inscritos ascende a 70 pilotos; unha cifra similar a da anterior edición; e entre os que figurarán os pilotos locais Toño Varela e Víctor Magariños. Ámbolos foron os encargados de ir abrindo boca cunha pequena demostración no parque do Pazo da Cultura.

Redacción Salnés