A Garda Civil investiga o roubo frustrado na confraría de Cabo de Cruz

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/14/intentorouboconfrariacabo1404151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/14/intentorouboconfrariacabo140415.mp4{/flowplayer} BOIRO> Despois de forzar unha das portas laterais da lonxa, os amigos do alleo dirixíronse á caixa forte, que intentaron abrir, sen éxito, axudados dun soprete. Todo parece indicar que os autores deste intento de roubo sabían ben o que facían. Despois de acceder ó interior da lonxa forzando unha porta lateral, dirixíronse directamente á caixa forte. Ó parecer no seu interior quedaran ó redor duns mil euros en metálico procedentes da venda de marisco realizada o pasado venres e que non foran ingresados no banco. Unha circunstancia pouco frecuente e que os amigos do alleo parecían saber. Ademais, o feito de que foran provistos dun soprete, debido á consistencia da caixa forte, confirma aínda máis esa teoría. A pesar dos intentos dos ladróns, estes non foron capaces de facerse co botín. Aínda así, fontes do pósito consultadas por esta redacción descoñecían o verdadeiro motivo do roubo, se realmente eran os cartos ou se o que buscaban os ladróns era algún tipo de documentación sobre a xestión da propia confraría, que segue investigada.