A Xunta investirá 105 mil euros nas melloras do mercado pobrense

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/18/mellorasmercadopobra1809141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/18/mellorasmercadopobra180914.mp4{/flowplayer} POBRA> A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá as instalacións nas que se prevé a realización do seu pintado interior e a instalación de novos equipos de conservación do produto fresco. Acompañado do alcalde, Isaac Maceiras, a delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, tivo tempo de realizar un percorrido polas instalacións do mercado municipal para comprobar as súas principias necesidades. Moitas delas serán resoltas de inmediato, grazas a unha achega da consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio que ascende ós 105 mil euros, o 75% do custe total das obras. Tanto o alcalde, Isaac Maceiras, como a presidenta da Asociación de Vendedores do Mercado, Elena Santos, destacaron a importancia desta actuación de cara a mellorar as instalacións, de cara a que sigan mantendo os mellares servizos e a máxima calidade. A mellora do mercado da Pobra enmárcase nun programa máis amplo de cara o apoio do sector comercial do que tamén se beneficiarán outros concellos da zona como é o caso de Porto do Son, Boiro e Noia.