O concello de Vilagarcía contratará a 20 perceptores da RISGA

    VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía contratará a vinte desempregados perceptores da Renda de Integración Social de Galicia, a RISGA. A consellería de Traballo vén de comunicar que lle concede unha axuda de máis de cento trinta e cinco mil euros para cubrir estes contratos. A selección realizarase a través do Servizo Público de Emprego. Cubriranse 17 postos de peóns, un animador, un licenciado en Historia e outro en Xornalismo.