O xoves podería coñecerse o nome do novo presidente da Mancomunidade

    SALNÉS> O vindeiro xoves poderemos coñecer quen será o novo presidente da Mancomunidade do Salnés. Os socialistas apostaban polo alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, como candidato. Os populares, pola súa banda, buscarían a continuidade no rexedor Vilanovés e actual presidente, Gonzalo Durán. A día de hoxe, parece que os socialistas conseguirán facerse coa presidencia, á espera de que as tensións internas coa agrupación da Illa de Arousa non afecten os cálculos iniciais.

     

    O xoves que ven poderíamos coñecer quen será presidente da Mancomunidade do Salnés. O órgano xa tomou posesión o pasado 13 de agosto pero os problemas de organización en Vilagarcía impediron a votación do presidente. Aínda que o alcalde Alberto Varela tomou posesión, descoñecíase o nome dos outros dous representantes que corresponden ao concello. Unha vez coñecidos os nomes, o presidente en funcións, Gonzalo Durán, fixo a convocatoria.

    A día de hoxe, parece que o PSOE conseguirá facerse coa presidencia. O seu candidato, o alcalde de O Grove José Antonio Cacabelos, xa recoñeceu que estableceu contactos para procurar apoios. Queda por ver se as tensións internas do partido, co risco de cisma e o malestar do PSOE da Illa de Arousa, poden afectar os cálculos. Dos independentes, o alcalde de Sanxenxo xa anunciou a súa abstención. 

    Polo Partido Popular, é Gonzalo Durán o candidato a revalidar a presidencia. O alcalde vilanovés incluso tender a man aos socialista, concedéndolles unha vicepresidencia.

    Durán desbotou facer política-ficción, segundo dixo, e aprazou calquera valoración sobre a situación da Mancomunidade á celebración do pleno do vindeiro xoves.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/mancomunidade_salnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/09/mancomunidade_salnes.mp4{/flowplayer}