Os festivos locais a consulta popular en Cuntis

CUNTIS> O concello de Cuntis volve dar mostra da súa cultura democrática facendo partícipes ós seus veciños das decisións que se toman no consistorio. Nesta ocasión o motivo da consulta popular que se está a realizar, desde onte e ata o xoves. son os festivos locais. E como é habitual con este tipo de cuestións, aquí, tampouco hai consenso . Son algunhas das datas que se inclúen na papeleta coa que desde onte os veciños de Cuntis poden participar na Consulta Popular sobre os festivos locais para o 2018. E como ven, preguntando ós veciños do concello, non atopamos consenso. Na papeleta hai tres opcións, máis unha libre na que os cidadáns poden poñer outra preferencia. A votación comezou onte, e os veciños teñen ata o xoves a mediodía, para expresar a súa preferencia nas urnas ubicadas no concello e na oficina de Turismo, ou ben facelo telemáticamente. Non era a primeira vez que empregan este tipo de sistema para tomar decisións, xa o fixeron, telematicamente, para elixir a imaxe da oficina de Turismo, así como cos orzamentos participativos, onde poden opinar os veciños. E eles, encantados de facelo . Aínda, que non todos o ven do mesmo xeito. Haberá que agardar ó xoves, cando pechen as urnas e se contabilice o resultado, para coñecer qué días descansarán o próximo ano estes veciños. Aínda que algúns, de momento, teñan as súas dúbidas sobre a noticia…