‘Recíclate con SOGAMA’

    BOIRO> O alcalde, Xoán Xosé Dieste, presidiu esta mañá a entrega de diplomas ós dez alumnos do IES A Cahada que participaron no programa “Recíclate con Sogama”. O rexedor entregoulle a estes alumnos os correspondentes diplomas e uns agasallos en recoñecemento polos traballos de recollida e limpeza de depósitos plásticos que fixeron hai uns días na praia de Barraña. O proxecto en cuestión, que traballa o tratamento de plásticos exclusivamente, realizando actividades no centro e na praia, consistiu na recollida destes resíduos para facer un estudio dos distintos tipos de plásticos que aparecen nos areais, e logo sensibilizar desta problemática ó resto do alumnado e colexios. O material recolleito é tratado, en colaboración co Concello, facendo unha separación en envases lixeiros, cordas e plásticos duros, coa finalidade de que dende o punto limpo se leven ós recicladores pertinentes.