FANPA levará a cabo a súa propia investigación pola intoxicación de 41 nenos en comedores escolares

PONTEVEDRA> A Fanpa encarga a súa propia auditoría para investigar a orixe da intoxicación alimentaria que afectou a 41 nenos en comedores escolares. A investigación é paralela á que está levando a cabo a Consellería de Sanidade. Dende a organización aclaran que se activaron os protocolos a tempo para evitar que ningún neno necesitase asistencia sanitaria.

A consellería de Sanidade está a investigar a orixe da intoxicación alimentaria que afectou a 41 nenos de diferentes centros escolares de Pontevedra e Marín. Os comedores inclúense dentro dos 17 que xestiona a Fanpa. Por elo a organización está a levar a cabo unha investigación paralela á da consellería.

Dende a organización aclaran que se tomaron as medidas necesarias para evitar que a intoxicación afectase a máis nenos.

A Fanpa céntrase agora en coñecer o motivo da intoxicación e tomar as mediadas para que non volva a ocorrer.

Ningún dos estudantes afectados necesitou traslado ao hospital nin asistencia sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí