Centos de persoas seguen a Semana Santa de Paradela

semana_santa_paradela100.jpgMEIS> Paradela rematou a celebración da súa Semana Santa, a primeira co selo de Festa de Interese Turístico Galego …

{flowplayer}images/salnes/semana_paradela.flv{/flowplayer}

MEIS> A parroquia de Paradela rematou a celebración da súa Semana Santa, a primeira co selo de Festa de Interese Turístico Galego, cun balance máis que positivo en canto á afluencia de público, pese ó mal tempo reinante estes días. 

Enrique Barros representa a Jesucristo nesta reprodución dos seus últimos días na terra que fan os veciños de Paradela. Nesta edición, o mal tempo fíxolle, se cabe, máis duro o Vía Crucis e a crucifixión que representaron este Venres Santo.

Sen dúbida, os actos do venres foron os de máis afluencia de público. Chama a atención a procesión do Cristo coa cruz a costas, recibindo latigazos reais dos romanos e seguido polo pobo vestido túnicas escuras. A Crucifixión foi outro momento álxido ó igual que o desencravo pola noite.

O sol apareceu no remate desta Semana Santa de Paradela, permitindo a representación da Resurrección de Cristo. De novo o Anxo volveu baixar do campanario da Igrexa anunciando a boa nova do Domingo de Pascua.

Redacción Salnés