Oito monologuistas desputarán o 8 de maio o I Concurso de Monólogos Poioescena

POIO> É a novidade que este ano se incluíu no ciclo de teatro promovido pola concellería de cultura e catro asociacións culturais de Poio coa fin de ampliar disciplinas e potenciar a arte dramática. O concurso será no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó, comezará ás nove da noite, e o vencedor levará un premio de cincocentos euros. Oito monologuistas de distintos puntos da provincia de Pontevedra porán a proba a súa dialéctica, ironía e humor para sacar as gargalladas ó público que presencie o primeiro Concurso de Monólogos Poioescena. Ó público, pero sobre todo ó xurado. Beatriz Bravo, Xurxo Barcala, Chuco Briones e Miquel Condal serán os encargados de decidir quen dos participantes se alza co primeiro premio valorado en 500 euros. Profesionais todos eles con longas traxectorias no mundo da interpretación que avaliarán os relatorios duns participantes tamén con fonda experiencia no eido dos monólogos. O concurso celebrarase en sesión única o oito de maio a partir das nove da noite no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó. Ademais do primeiro premio de 500 euros haberá outros dous: o que quede en segunda posición recibirá 300 euros e o terceiro 200. Para asistir como público será preciso facer cunha entrada, que manterá os mesmos prezos que se fixaron para as doce obras de teatro que compoñen este ano o ciclo de Poioescena. O Concurso de Monólogos comeza este ano coa intención de quedarse. É unha das novidades que os organizadores do Poioescena decidiron crear esta edición para ampliar a oferta do certame e promover máis artes escénicas no municipio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/MONOLOGOS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/MONOLOGOS_POIO.mp4{/flowplayer}