Comisións Obreiras presentará unha querela contra o PSOE de Pontevedra

PONTEVEDRA> Comisións Obreiras presentará unha querela contra o PSOE de Pontevedra. O motivo, as acusacións realizadas onte polo grupo municipal nas que se relacionaba as pintadas ameazantes que apareceron na súa sede co sindicato.

Comisións Obreiras anunciou esta mañá que presentará unha querela contra o Partido Socialista de Pontevedra se Tino Fernández non retira as acusacións sobre a autoría das pintadas ameazantes que apareceron fronte a sede do grupo municipal.

En canto as pintadas que apareceron fronte o domicilio de Carme da Silva, o secretario de organización comarcal do sindicato asegura que non coñece a súa autoría.

O representante sindical non condenou directamente os actos vandálicos pero asegurou que non lle parecen aceptables. Iso si, García Pedrosa quixo recordar as pintadas que realizou, no pasado, o BNG en toda Galicia.

O secretario comarcal arremeteu tamén contra UXT e a CIG pola súa ausencia nas mobilizacións en defensa dos traballadores de Ence e reclamou unha unión sindical.