O Condado despide a festa dos seus viños escollendo os máis ‘deliciosos’ do ano

SALVATERRA> A Denominación de Orixe Rías Baixas pechou esta fin de semana o calendario de festas dedicadas aos seus viños. Pór o broche de ouro correspondeu á Festa do Viño do Condado, que neste 2014 celebrou a súa edición número 55; unha fin de semana na que o concello de Salvaterra rendeuse ante os seus caldos. 

 

O viño reinou este domingo en Salvaterra. O municipio volcouse na celebración da Festa do Viño do Condado, que ano a ano bate records de asistencia.

Gastronomía e paisaxe teñen cada vez máis peso, pero o protagonista indiscutible segue a ser o viño. Por iso un dos momentos máis importantes da Festa é o nomeamento dos Viños Deliciosos, aqueles que un panel de cata escolle como os mellores do ano.

A gañadora indiscutible foi a adega Señorío de Rubiós, que levou ata catro premios para os seus caldos: Señorío de Rubiós e Piñeiral entre os condados, Liñar de Vives entre os albariños, e o Señorío de Rubiós Sousón que recolleu o galardón dos tintos.

Os recoñecementos aos albariños tamén recaeron no Pazo Pondal e no Fillaboa. A listaxe dos condados premiados complétaa a novidade de Adegas La Val: Más que dos, coupage de albariño, treixadura e loureiro.

Outro momento importante foi o nomeamento dos novos cabaleiros e donas da confraría do Viño do Condado. Entre eles, caras coñecidas para o sector: o xornalista gastronómico Cristino Álvarez, pregoeiro desta edición, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

As incorporacións á confraría completáronse coas entradas do hostaleiro Antonio Rivera e o adegueiro Antonio Ruiloba.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/festa_vinos_condado.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/03/festa_vinos_condado.mp4{/flowplayer}