225 viños da D.O Rías Baixas preséntanse ás distincións Gallaecia

Pontevedra> O Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, acolleu esta mañá a cata para as Distincións Gallaecia. Un evento no que participaron 225 caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas. O vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Gallaecia destacou que os viños teñen moita calidade este ano e que sorprenden moito. O 2 de setembro coñeceremos os gañadores desta vixésima edición. O Pazo de Mugartegui, sede do Consello Regulardo da Denominación de Orixe Rías Baixas, acolleu a cata para as Distincións Gallaecia. Para esta vixésima edición do certame presentáronse arredor de 225 marcas, a cifra máis alta de calquera edición precedente. 25 profesionais, entre sumulleres, enólogos, técnicos do Consello regulador e críticos foron os encargados de realizar esta cata. A gran meirande dos caldos eran viños albariño aínda que tamén había algún tinto. A maioría dos viños eran da añada do 2016 aínda que tamén os había anteriores, as características principais deste caldos eran as seguintes. O 2 setembro coñeceranse o resultado dos gañadores nesta vixésima edición dos premios Gallaecia. As cinco denominacións de orixe participan neste evento con presenza de máis de 600 caldos da nosa comunidade.