Teatro, música e danza compoñen o ‘Outono Cultural’ da Pobra

A POBRA> A Pobra encara un outono cheo de cultura. As artes escénicas levarán o peso principal da programación deseñada para os meses de outubro, novembro e decembro, na que destacan o teatro, a música e a danza.

Os pobrenses volverán gozar este outono dunha oferta cultural de primeiro nivel.  Terá como escenario o Cine Elma onde se desenvolverán tódolos espectáculos de outubro a decembro. As funcións teatrais arrancarán o domingo 26 con ‘Guerra’ a cargo de Teatro do Noroeste. Seguiranlle propostas tan interesantes como ‘Retrincos de Castelao’, ‘As gardiás ou o nó de Tecelán’, ‘O proceso’ e as desterradas. A música tamén terá o seu oco no programa coa actuación da Orquestra da Cámara Galega o sábado 29 de novembro.

Completan a proposta a obra ‘DeadPan Karaoke’, de Ibuprofeno Teatro, ‘Máis lume, máis ferro’ de Zabala e Atalaias de Caión e o espectáculo de danza ‘Od(i)osa’ de Morriña Dance Project.

Dende o concello agradeceron a colaboración da Deputación da Coruña posto que case tódolos espectáculos forman parte da súa rede cultural.