As traballadoras de Cuca loitarán pola reapertura

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/22/asemblea_cuca.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/22/asemblea_cuca.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> A plantilla de Cuca mantivo esta tarde unha xuntanza para decidir cal vai ser a súa postura. Fixérono coa última proposta de Garavilla sobré a mesa: para os que queiran deixar a empresa, a conserveira ofrece unha indemnización de 33 días por ano traballado.

A proposta de Garavilla non conseguiu convencer ás traballadoras. O plantel reuniuse esta tarde en asemblea, e acordaron por unanimidade que continuarán coa loita para reabrir a fábrica de Vilaxoan.

A empresa ofrecía ás traballadoras que quixeran marchar unha indemnización de 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades. Pero nin plantilla nin sindicato confían en Garavilla.

Por iso irán a por todas. Rexeitarán o acordo ofrecido pola conserveira e acudirán á vista ante a xuíza, fixada para o día 28 de maio.

Polo tanto, será a titular do xulgado do social número 2 de Pontevedra a que decida se a empresa ten que reabrir a factoría de Vilaxoan ou non, para solucionar un conflito iniciado hai xa ano e medio.